Carabuxeira Xa!, "farta do estado calamitoso da praia"

▶ O colectivo pediu actuacións inmediatas ante o último derrubamento dun muro e a falta de árido
 
Viviendas colindantes con A Carabuxeira. DS
photo_camera Viviendas colindantes con A Carabuxeira. DS

"Carabuxeira Xa! está farta. Levamos anos avisando do que podía ocorrer, e incluso denunciamos ante Costas, Concello a Fiscalía de Medio Ambiente". Así explicaba a presidenta do colectivo, Elisa Castaño, o malestar da veciñanza do entorno das praias de Carabuxeira e Lavapanos, ante o avance do estado de deterioro dos espazos, a perda de árido, e tras o último derrubamento do muro dunha vivenda lindante.

"O estado actual da praia  é calamitoso, e a parte sur do areal está totalmente esnaquizada. Incluso propiedades privadas están derrubadas e sofren a falta de compromiso das institucions públicas, que non cumpren coa misión para a que están destinadas", manifestou, asegurando que "é moi visible a destrucción que padece a praia, que apenas ten area, muros derrubados, vertidos en superdicie, e non ten accesos adecentados nin adaptados ao século XXI. Aseméllase a hai 25 anos, cando comezou este desastre ecolóxico e medioambiental".

Nesta liña, criticaron tamén dende o colectivo, os tubos xeotextís instalados para conter a area, "non serviron", á vez que lembraron que "na parte sur non se aportou area nin se levantou o muro da finca abandonada, e como consecuencia viuse afectado o muro da propiedade colindante e as estructuras anexas", explicaron.

Por este motivo, criticaron a "deixación de funcións" e aludiron á responsabilidade de "portos de Galicia, Concello de Sanxenxo e Costas do Estado", e pediron a esta última que axilice "o estudio medioambiental para facer posible o arranxo integral deste areal".