A Sala Nauta de Sanxenxo 'Entre gritos y susurros'

A exposición do ‘Espacio Beny’ está ata este luns e conta con diversas artes gráficas, como fotografías, pinturas e esculturas
Exposición 'Entre gritos y susurros' na Sala Nauta de Sanxenxo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Exposición 'Entre gritos y susurros' na Sala Nauta de Sanxenxo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Fotografía, pintura e escultura convidan a ser desfrutadas na Sala Nauta de Sanxenxo a través da exposición Entre gritos y susurros. Situada no Real Club Náutico, a exposición contempla distintas artes gráficas que se poden ver ata este luns 24 de xullo.

"Hay algunos ensayos, pruebas, dibujos, algunas veces maquetas. Las maquetas no salen así de repente, sino que en ocasiones son un proceso que surge de unas piezas a otras", comenta Francisco Pazos, un dos escultores que expón a súa obra na Sala Náutica.

Xunto a el están Boris Savelev como fotógrafo, Antonio Amat como pintor ou Ramón Conde como escultor, entre outros moitos artistas.

ENTRE DOUS MUNDOS. No caso das obras de Francisco Pazos expostas na Sala Nauta, suman un total de sete. "Tengo tres piezas de granito y cuatro de acero", explica o escultor. A súa produción nesta ocasión está enmarcada entre dous mundos, "o máis humano e o máis ancestral".

Como curiosidade, unha das pezas do artista pesa un total de 117 quilogramos. Isto débese a que está realizada mediante a combinación do granito e o aceiro corten e é unha peza maciza.

"Es importante dar a conocer el trabajo, sobre todo en un espacio como Sanxenxo y de la mano de un galerista tan importante como Beny Fernández", afirma Francisco. Espacio Beny é a galería que está detrás deste proxecto e segue a filosofía de revolucionar o ocio e a cultura cun estilo moi persoal e espontáneo.

A exposición comezou o 1 de xullo na Sala Nauta e aínda pode desfrutarse ata este luns 24. O horario de luns a venres é de 18.00 a 23.00 horas e os sábados, domingos e festivos, abre de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 23.00 horas.