Ribadumia entrega os xoguetes recollidos durante a campaña de xoguetes solidarios

Con esta iniciativa o goberno local, en colaboración coa Asociación de comerciantes Ribadumia Agárdate, pretende fomentar os valores típicos do Nadal, como a xenerosidade, a gratitude, a familia e a solidariedade
Recollida dos xoguetes solidarios de Ribadumia. DS
photo_camera Recollida dos xoguetes solidarios de Ribadumia. DS

A recollida de xoguetes da Asociación de Comerciantes Ribadumia Agárdate, en colaboración co Concello de Ribadumia culminou este xoves 4 de xaneiro coa entrega dos xoguetes recollidos a Cáritas interparroquial de Barrantes.  

Non todos os nenos e nenas poden recibir xoguetes e agasallos durante o Nadal, así que "está na nosa man contribuír a achegarlles a ilusión e felicidade o máximo que poidamos. Deste xeito, tamén estaremos trasladando á pequena veciñanza a importancia da solidariedade e outros valores humanos típicos destas datas, e través deste pequeno xesto, lograremos xerar rostros de ledicia e sorrisos" explican dende o Concello. 

Os xoguetes doados serán repartidos entre as familias que máis os necesiten para que todos/as os/as cativos/as poidan ter un xoguete este Nadal.