A II edición do Ciclocrós Internacional Concello de Ribadumia dase cita esta fin de semana

A proba terá lugar o sábado, 14 de setembro, e contará coa participación de máis de 300 deportistas
Presentación do II Ciclocrós Internacional Concello de Ribadumia. DS
photo_camera Presentación do II Ciclocrós Internacional Concello de Ribadumia. DS

Este mércores, na contorna dos Muíños do Batán de Ribadumia, tivo lugar a presentación do II Ciclocrós Internacional Concello de Ribadumia, evento que terá lugar o vindeiro 14 de outubro, nas inmediacións da Carballeira de Ribadumia. 

Ao acto acudiron o alcalde do municipio, David Castro, o deputado provincial, Javier Tourís; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñíz, e o presidente do Club Ciclista Ribadumia, Javier Pombo Vidal.

Esta é segunda edición desta competición deportiva de ciclocrós internacional que se celebra no Concello de Ribadumia, que promete a participación de deportistas de alto nivel do panorama nacional e internacional. Actualmente hai máis de 300 inscritos procedentes de distintos países, entre os que destacan Francia, Bélxica, Estados Unidos e Gran Bretaña, entre outros. Competirán un total de cinco categorías: cadete, junior, sub-23, élite e máster. Dentro dos participantes nacionais, asistirán tamén os campións e subcampións de España masculinos e femininos. 

O evento terá lugar durante toda a xornada do sábado e está dividido en dúas quendas. Na quenda de mañá competirán as categorías internacionais e, pola tarde, as categorías nacionais. Desde as 10:30 horas, cando está prevista a hora de saída da primeira competición, ata as 18:45 horas, cando está prevista a última entrega de premios, as inmediacións da Carballeira de Ribadumia estará chea de espírito competitivo, deportistas, clubs e veciños/as que queiran ser testemuñas deste ciclocrós internacional de Ribadumia.
 

Programación
10:30 horas: Categoría Junior
12:30 horas: Categoría feminina Élite, Sub23 e Junior
13:45 horas: Categoría Élite e Sub23
14:50 horas: Cerimonia Podium de todas as categorías

 

Programación das categorías nacionais
16:10 horas: Categoría Cadete masculina e feminina
16:45 horas: Cerimonia Podium Categoría Cadete
17:00 horas: Categoría Máster 30/50/60 e Máster Feminino
17:45 horas: Cerimonia Podium Máster
18:00 horas: Categoría Máster 40
18:45 horas: Cerimonia Podium Máster 40