Ribadumia acolle un encontro do programa Cidadanía Activa-Rede MayorES

O obxectivo da sesión foi crear unha rede entre persoas usuarias da comarca do Salnés
Imaxe da sesión impartida na Casa da Cultura de Ribadumia. DS
photo_camera Imaxe da sesión impartida na Casa da Cultura de Ribadumia. DS

Na xornada deste xoves, a Casa de Cultura de Ribadumia acolleu unha reunión realizada polo servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra en convenio co Concello de Ribadumia, e que xestiona a empresa DomusVi, enmarcada dentro do programa Cidadanía Activa-Rede MayorES

O obxectivo principal deste coloquio non só foi coñecer ás persoas que apoian neste servizo, senón crear unha rede entre as propias persoas usuarias da zona do Salnés. A sesión estivo dinamizada por persoas da empresa concesionaria e tratou, entre outras cuestións, esas costumes e tradicións que se perderon ou seguen vixentes relacionadas coa festividade do Día de Todos os Santos, co Samaín e co mes en que estamos.