A Festa do Marisco supera expectativas na espera dunha prometedora ponte do Pilar

A ocupación hotelera no Salnés xa roza o 100% para encarar o xoves, venres, sábado e domingo
LX Festa do Marisco de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Na xornada destexoves a carpa volveuse encher de xente para degustar os produtos do mar. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A LX Festa do Marisco do Grove encara a ponte do Pilar coas previsións polas nubes e a ritmo de Celtas Cortos, a mítica banda de Valladolid que encheu este mércores a carpa de concertos. Polas previsión que se manexan nestes momentos, a ocupación hotelera no Salnés xa roza o 100% para encarar o xoves, venres, sábado e domingo da celebración gastronómica, onde se poñerá punto final ó seu sesenta aniversario.

Outros datos son as vendas de produtos: Mexillóns tigre, máis de 5380 racións; polbo á feira, máis de 5360 racións; empanada de choco da ría, máis de 5000 racións. O postre con máis demanda son as filloas, seguido da nova tarta de queixo. Vendéronse máis dunha tonelada de mexillóns, 625 quilogramos de zamburiñas, 165 quilogramos de camaróns, máis de 32.000 navallas ou máis de 150 quilogramos de percebes.

O alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, admite que "as nosas expectativas víronse completamente superadas pola realidade: gozamos do mellor arranque da Festa do Marisco en sesenta anos de historia, e aínda temos por diante varias xornadas festivas".

Pola mañá tivera lugar o acto de entrega do XVIII Premio Nacional de Gastronomía Lola Torres na Sala das Cunchas da Casa do Concello. Este galardón, convocado pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración co Concello do Grove e a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e o Centro Superior de Hostalería de Galicia recaeu no restaurante Casa Botín de Madrid.

Este establecemento é coñecido por ser o máis antigo do mundo, fundado en 1725, e desde entón mantivo a súa actividade de maneira ininterrompida. Fundado polo cociñeiro francés Jean Botín no século XVII, actualmente está en mans da terceira xeración da familia González, que se ocupou do negocio no século XX.

O mércores tamén foron protagonistas as pandereteiras Adro Vello que amenizaron o ambiente desde as 20:00 horas, antes de que comezaran os concerto. Ademais se celebrou un obradoiro de colgantes e pulseiras con refugallos do mar e a proxección do documental 'Mulleres do mar'.

Na xornada de xoves poderase contemplar no recinto da LX Festa do Marisco como moitas persoas escolleron o seu traxe tradicional galego para acudir á celebración ataviadas de época. Ás 1130 horas inaugurarase a Feira de Oportunidades Grovestock, que estará aberta os días 12, 13 e 14 de outubro. Durante todo o día, ambiente co grupo de gaitas de Cantodorxo. Ademais, actividades infantís desde as 17.00 ata as 19.30 horas e concertos de ‘Cinco en zocas’ e a cantautora portuguesa Ana Moura.