A música dos Firrás e os traballos manuais marcan o inicio da semana no Marisco

Para a xornada deste martes están programadas as XV xornadas gastronómicas, un obradoiro de camisolas e música coas pandereteiras de ASXUPEN e A Banda do Sequío
Produtos artesanais da Festa do Marisco de O Grove. DS
photo_camera Produtos artesanais da Festa do Marisco. DS

Os traballos manuais e a música dos Firrás marcaron a xornada de luns na LX Festa do Marisco do Grove, que aínda se está a recuperar da fin de semana vivida con récord de participantes. 
Tanto o obradoiro de pulseiras con cunchas como o de bordado, a cargo de Ruxe e Camiño do Río, contaron cun gran éxito de afluencia e un alto grao de satisfacción entre as e os usuarios.
Polo momento, o prato estrela da Festa do Marisco 2023 está a ser o arroz de mariscos, con máis de 4.000 unidades despachadas, seguido do polbo á feira e da empanada de polbo.

Obradoiros, gastronomía, música e visitas

Para este martes, 10 de outubro, e dentro do programa da LX Festa do Marisco do Grove, está previsto que se celebren as XV Xornadas Gastronómicas A cociña do mar, a cargo de EMGROBES. Tamén un obradoiro de camisolas con motivos mariñeiros estampadas con ceras, de 12.00 a 13.00 horas e a cargo de Serigrafía MEU e Auranoctis e moita música a cargo das pandereteiras de ASXUPEN e A Banda do Sequío

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e as rexedoras e rexedores do Salnés, visitarán o municipio para coñecer máis de preto esta celebración. 

Adiada a XXIII Carreira Festa do Marisco
Debido á mala climatoloxía prevista para este domingo, a organización decidiu adiar a XXIII Carreira Festa do Marisco, unha proba de 10 quilómetros, e que xa ten nova data de celebración: o 11 de novembro de 2023.