Emgrobes realiza unha campaña dos namorados para promover a compra no comercio local

A Asociación comezou esta semana a acción coincidindo en datas coa preparación do entroido, de promoción do comercio do CCa de tendas  e para incentivar e axudar ó comercio local 
Imagen de una habitación del Augusta Eco Wellnes Resort decorada de San Valentín. DP
photo_camera Imagen de una habitación del Augusta Eco Wellnes Resort decorada de San Valentín. DP

A asociación de Empresarios Emgrobes pretende seguir promocionanado e dinamizando o consumo no Grove polo que lanza unha campaña coincidindo coa data dos namorados e coas compras para o entroido, e tamén para incentivar a súa tarxeta de fidelización do Club de tendas, como en anos anteriores.

Emgrobes quere premiar ós clientes do CCa que continúen mercando no comercio local e utilicen a súa tarxeta club de tendas, xa que a asociación sorteará 50.000 puntos entre os distintos usuarios das tarxetas para que poidan utilizar ata o 14 de febreiro para promover as compras neste primeiro trimestre que está sendo moi duro para os comerciantes. Desta maneira, os agasallados poderán usar os puntos e descontos que lles toquen durante dous meses. A idea é incentivar novas compras con estes descontos.