O chef do Grove Javier Olleros, Medalla Castelao 2022

Canda o cociñeiro de Culler de pau, a Xunta recoñece ao político Camilo Nogueira e o xornalista Sánchez de Dios, ademais da Coral Polifónica El Eco e ao equipo feminino de fútbol sala Pescados Rubén de Burela
Javier Olleros, durante una visita al Mercado de Pontevedra en la pandemia. GONZALO GARCÍA
photo_camera Javier Olleros, durante una visita al Mercado de Pontevedra en la pandemia. GONZALO GARCÍA

O cociñeiro do Grove Javier Olleros recibirá  a Medalle Castelao 2022. Así o anunciou onte o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen destacou a traxectoria do chef, único en Galicia con dúas estrelas Michelín. Canda el, o político Camilo Nogueira e o xornalista Javier Sánchez de Dios tamén serán galardoados este 28 de xuño. Como colectivos, reciben este mesmo recoñecemento o club de fútbol sala Pescados Rubén de Burela, nomeado mellor equipo do mundo e campión de Europa; así como a coral coruñesa El Eco, fundada por Pascual Veiga.

Na rolda de prensa posterior ao Consello, Rueda defendeu outorgar esta condecoración a Camilo Nogueira (militante do BNG) como "un dos pais" do Estatuto de Autonomía, así como un "dos maiores defensores dos intereses de Galicia en Europa" como eurodeputado. "Non hai mellor culminación da celebración dos 40 anos de autonomía", proclamou Rueda.

Sobre Javier Olleros, o presidente da Xunta destacou que "fixo historia en 2020 e está sempre disposto a promocionar a gastronomía galega e Galicia onde sexa necesario", proclamou.

No ámbito cultural, será a Coral Polifónica El Eco, que vén de celebrar o seu 140 aniversario, converténdose na "agrupación máis antiga de España que está en activo". A polifónica coruñesa foi fundada por Pascual Veiga, compositor da música do Himno de Galicia.

"Javier Olleros fixo historia en 2020 e está sempre disposto a promocionar a gastronomía galega e Galicia onde sexa necesario"

O equipo feminino Pescados Rubén Burela FS é, pola súa banda, "unha institución referente no mundo do deporte e na promoción da igualdade na sociedade". O equipo é tetracampeón da Supercopa de España, campión da Futsal Women's Europea Champions e nomeado mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo.

Javier Sánchez de Deus completa o elenco de galardoados este 2022 coa Medalla Castelao, pola súa "consolidada e ampla" traxectoria en prensa escrita, radio e televisión que, tras comezar como "cronista do montón", exerceu diferentes responsabilidades nos medios e na actualidade escribe artigos na prensa escrita.

A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia a personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no ámbito artístico, literario e intelectual.