Vilagarcía acollerá a XI Marchas Ciclistas Unificadas de Special Olympics

A cuarta etapa da competición terá lugar no municipio nunha proba para persoas con discapacidade intelectual
Presentación de la XI Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia en Vilagarcía. SAMUEL CARDALDA
photo_camera Presentación de la XI Marcha Ciclista Unificada. SAMUEL CARDALDA

A XI edición da Marcha Ciclista Unificada organizada por Special Olympics Galicia volverá a pasar por Vilagarcía o vindeiro 8 de outubro. O alcalde, Alberto Varela, presidiu a presentación do evento deportivo na que estivo acompañado polo presidente de Special Olympics, Eladio Fernández, polo deputado de Acción Comunitaria da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, ademáis de representantes da asociación, así como do Goberno local. Na súa intervención, afirmou que "é un orgullo para nós acoller esta proba, xa que lle teño un cariño especial por amosar o talento e as capacidades dos deportistas que imos ter ese día en Vilagarcía".

Pola súa parte, Eladio Fernández quixo agradecer ao Concello de Vilagarcía pola acollida "que fai ao mundo da discapacidade intelectual de Galicia e a dispoñibilidade da corporación para poder participar coa competición nesta vila tan bonita". Tamén tivo palabras de agradecemento para a Deputación de Pontevedra, novo aliado da asociación. "Benvidos a esta nova etapa coa que dentro de pouco intentaremos conectar para outras colaboracións". Pechou a súa intervención mencionando á asociación Con Eles, pilar fundamental do proxecto, "sen os cales non poderiamos estar hoxe en Vilagarcía". 

Unha proba para diferentes niveis

O percorrido, de 14,5 kilómetros, sairá ás 11.30 horas dende a avenida da Mariña para rematar de volta na Praza da II República, pasando por puntos coma o Polígono Industrial de Trabanca Sardiñeira ou A Torre. Durante o traxecto faranse dúas paradas co fin de que se sumen á ruta novos usuarios dependendo das súas capacidades. 

Un total de 70 participantes daranse cita nesta proba na que a agrupación Con Eles predomina en canto ao número de participantes, con 19 deportistas e 1 adestrador, nunha xornada que ten como principal obxectivo a convivencia entre entidades e clubs de Galicia, así como promocionar a práctica do ciclismo nas persoas con discapacidade intelectual.