Preto de 1.300 persoas participan esta semana no programa 'En Ruta coa Depo'

Veciños de O Grove e Vilagarcía visitarán o Baixo Miño 
Luis López, presidente de la Deputación. DS
photo_camera Luis López, presidente da Deputación. DS

A Deputación de Pontevedra organiza esta fin de semana 24 saídas no marco do programa provincial En Ruta coa Depo, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial. Entidades dos concellos da Estrada, Redondela, Cerdedo-Cotobade, Nigrán, Marín, Mos, O Grove, Salceda de Caselas, Vigo, Lalín, Vilaboa, Ponte Caldelas, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e da Guarda mobilizarán un total de 1.279 persoas (ata 54 por entidade) para coñecer emblemas da provincia como a ría de Arousa, as illas de Ons e Cíes, o monte Aloia en Tui, o conxunto histórico de Cambados ou a Casa da Navegación de Baiona, entre outros.

O martes 5 de setembro a Asociación Coral Rosalía de Castro de Vilagarcía  fará un percorrido polo castro de Santa Trega, na Guarda, o conxunto histórico de Tui, o Monte Aloia e o Alto dos Cubos.

O venres 8 de setembro a Asociación de Mulleres Rurais Adro Vello do Grove percorrerá o conxunto histórico de Baiona, a Casa da Navegación e os paseos de Monte Boi e marítimo, e a Asociación de Mulleres Lúa de Bembrive (Vigo) visitará a Illa da Toxa e o Museo Salgadeiras de Moreiras no Grove.