50 clubs deportivos comarcales recibirán unha achega de preto de 80.000 euros

As entidades beneficiadas pola axuda da Deputación desenvolven a súa actividade en Vilagarcía, O Grove, Cambados, Meaño, Meis, A Illa de Arousa, Ribadumia e Vilanova e abranguen deportes como o fútbol, balonmán, voleibol ou ciclismo entre outros
Imagen de la visita de ayer de Tomás Fandiño. ATLETISMO MAZÍ
photo_camera O Club Agrupación Atlética Mazi de Vilagarcía será unha das entidades beneficiadas. DS

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar de xeito definitivo as achegas por preto de 80.000 euros para un total de 56 clubs deportivos da contorna do Salnés que compiten en ámbito inferior a estatal e que están radicados nos concellos de Vilagarcía, O Grove, Cambados, Meaño, Meis, A Illa de Arousa, Ribadumia e Vilanova. Con estas axudas, que van desde os 530 aos 4.900 euros, estas entidades, que abranguen deportes como o fútbol, baloncesto, voleibol, natación, rugby, ciclismo, balonmán entre outros, poden facer fronte a gastos federativos, de desprazamento, de persoal, sanitarios ou de material para participar nestas competicións.

Vilagarcía é o concello con máis clubs beneficiados, un total de 20 que en conxunto recibirán 25.365€ en axudas. Son o Club Ciclista Xiabre; o Atlético Faxilde C.F.; o BTT Trotacumes; Asociación Deportiva Cultural Vilagarcía Esgrima; Atenas Running VDA; Club Natación Vilagarcía SD; Motoclub VFM; Club Deportivo Bamio; Asociación Club de Balonmano Arousa; Asociación Deportiva Arousa Fútbol 7; Club Atlético Arousana; Club Agrupación Atlética Mazi; Club de Rugby os Ingleses; Club Deportivo Pérez-Sub; Club San Martín de Vilaxoán; Club Vilagarcía Sociedade Deportiva; Asociación Deportiva e Cultural Raspa; Club Baloncesto Vilagarcía; Básket Base Club e o Club de Xadrez Fontecarmoa.

No Grove a Deputación repartirá 12.621€ en achegas para dez clubs, que son o Anduriña Sociedade Deportiva; Tecor San Martín O Grove; Padel O Grove Team; Club de Pesca Marítima O Isco; Club Deportivo Ría de Arousa; Sociedad Deportiva Amanecer; Club Biqueira; Unión Sociedad Deportiva O Grove; Club Baloncesto O Meco e o Club Rasoeiro Balonmán. E en Cambados, serán seis as entidades que contarán con axudas por un total de 7.752€: Cambados Gaélico; Club de Pesca As Joritas; Club Número Phi; Castrelo CF Veteranos; Club de Pesca As Joritas; Asociación Deportiva Grand Jete; Club Xuventude de Baloncesto e o Club Voleibol Xav Cambados. Tamén neste municipio o Club Juventud Cambados recibirá unha achega de 4.900€ para competir na categoría Preferente Galicia Grupo Sur de fútbol.

En Meaño recibirán achegas por 2.974€ a Sociedade de Cazadores, Club de Billar Rías Baixas e Unión Dena Club de Fútbol, mentres que en Meis se beneficiarán das axudas, que suman 4.771€, a Sociedade de Cazadores de Armenteira, Club de Taekwondo Taekanart e a Agrupación Deportiva Chan do Fento.

En Vilanova de Arousa as entidades beneficiadas son a Asociación Mar de Arousa Sociedade de Pesca Deportiva, a S.P.D. Arnelas e a Asociación Cultural Deportiva Vilanova, con achegas por un importe total de 4.390€. Ademais, en Ribadumia, o Xuventude Sisán Club de Fútbol e o Club Ciclista Ribadumia contarán cun total de 2.220€ en axudas. Por último, o Club de Ximnasia Rítmica de Arousa e a Asociación Cultural Dorna, na Illa de Arousa, recibirán achegas por un total de 2.813€.

En total, son 620.000 euros os recursos mobilizados pola Deputación de Pontevedra para seguir a impulsar o tecido deportivo da provincia. Desta contía, 575.000 euros diríxese a 480 clubs de 54 concellos da provincia que participan en competicións de ámbito inferior ao estatal en deportes como fútbol, balonmán ou baloncesto, ata ciclismo ou motociclismo, pesca deportiva, esgrima, bádminton, rugby, xadrez, ximnasia rítmica, atletismo, tenis e tenis de mesa, natación, hípica, patinaxe, baile deportivo, padel, squash, montañismo, karate, kung fu, loita, judo, taekwondo, caza, bolos, petanca, halterofilia, boxeo, hóckey, pesca submarina ou esquí náutico. Pola súa banda 43.000 euros van dirixidos a 9 clubs de fútbol de 6 concellos que compiten no grupo Sur da liga Preferente de Galicia.