Rafa Domínguez e Tourís abordan co Consorcio do Comercio do Salnés as demandas do sector

O vicepresidente da Deputación e o deputado de Acción Comunitaria e Equipamentos Públicos reuníronse con comerciantes dos nove concellos
Imaxe da reunión celebrada no Pazo Provincial. DS
photo_camera Imaxe da reunión celebrada no Pazo Provincial. DS

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, e o deputado de Acción Comunitaria e Equipamentos Públicos, Javier Tourís, mantiveron no Pazo provincial unha reunión con representantes do Consorcio do Comercio do Salnés, que reúne a comerciantes de nove concellos da comarca.

O encontro serviu para escoitar as demandas do sector, á vez que se abordou a necesidade de abrir novas vías de colaboración entre a institución provincial e o pequeno e mediano comercio a través de actividades dinamizadoras e de promoción económica.