As entradas para os Xoves de Códax de agosto xa están á venda

Estes concertos serán cada xoves a partir do 20 de xullo na terraza das Bodegas Martín Códax en Cambados
Os Xoves de Códax de o ano pasado. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Os Xoves de Códax de o ano pasado. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O próximo mes de agosto o ciclo musical 'Xoves de Códax' traerá artistas destacados como Pablo Lesuit con Colectivo Panamera o día 3 de agosto; Miguel Lamas con Maldita Nerea o día 10 e, para pechar o ciclo, o día 17 estará Santiago Auserón. A partir deste xoves xa se poden comprar as entradas.

A recadación de cada un destes concertos está asinada a unha asociación solidaria, como parte do compromiso que as Bodegas Martín Códax teñen coa sociedade galega. Xa van nove edicións celebradas e os 'Xoves de Códax' recadaron máis de 185 mil euros que foron repartidos entre diferentes asociacións de Galicia. 

Nesta décima edición a punto de comezar as Bodegas presentan o ciclo musical cunha programación con recoñecidos artistas musicais. Os concertos, como o propio nome indica, serán cada xoves dende o 20 de xullo ata ó 17 de agosto ás 20.30 horas. As entradas de xullo xa están esgotadas. 

Dende as Bodegas Martín Códax declaran que estamos ante unha edición "marcada pola mestura musical e cultural, que abarcará dende flamenco, indie ou música de autor ata o pop rock". Os concertos terán lugar nas terraza da propia bodega onde "todos os asistentes gozarán dos concertos e actuacións no marco dos atardeceres únicos que ofrece O Salnés, mentres degustan viños da adega". 

Para asistir a cada un dos concertos do ciclo será preciso adquirir a entrada na páxina web de Ticketrona https://entradas.ticketrona.com/es/organizers/bodegas-martin-codax e poranse á venda un total de 350 entradas por concerto. A compra estará limitada
a 4 entradas máximo por persoa para cada un dos concertos. As entradas terán un prezo de 25 euros por concerto, e o acceso estará prohibido a todos os menores de idade.