O Paseo da Calzada acollerá a Feira de Oportunidades de Cambados

O venres estrearase esta feira a mans do grupo Boudebou e poderase desfrutar toda a fin de semana con 27 establecementos que ofertarán os seus produtos
Presentación da Feira de Oportunidades de Cambados. DS.
photo_camera Presentación da Feira de Oportunidades de Cambados. DS.

"Pasou o Albariño pero en Cambados non temos descanso", así comeza o actual Concelleiro de Comercio, Tino Cordal,  a presentación da Feira de Oportunidades da vila que "se foi consolidando a través dos anos e que tamén constitúe un referente e éxito a nivel comarcal", recalca Cordal. Esta feira celebrarase o próximo fin de semana, 11, 12 e 13 de agosto no Paseo da Calzada "penso que imos ter outro fin de semana con moita afluencia de público que sempre é de agradecer" xa que coincide co Festival dos Cuarenta Principales. 

O horario para visitar a feira será de 11.00 horas a 23.00 horas os tres días, aínda que a inauguración, que  virá a mans do grupo de gaitas Boudebou será o venres ás 12.00 horas. "Van participar sobre 27 establecementos dos sectores textís, hogar, deportes... ", comenta o Presidente da asoaciación Cambados Zona Centro, Juan Rey.  "Isto nace para reducir os stocks do comercio que por un lado é bo e por outro lado é malo, pero se hai unha feira hai que aproveitala, damos a coñecer o noso comercio, a nosa marca, as nosas mercancías e ao noso autónomo". 

Así dende o Concello de Cambados e dende Zona Centro esperan unha gran afluencia de xente que aproveite esta oportunidade e ademais, poda visitar a vila. Aínda así, a directiva de Zona Centro, María Piñeiro, destaca que xullo foi un mes floxo pero "despois do Apóstol si que houbo moitísima xente, e é un repunte positivo".