Xabier Rodríguez (BNG): "Imos superar amplamente os resultados anteriores"

Xabier Rodríguez. DS
photo_camera Xabier Rodríguez. DS

Xosé Lois Leirós tivo que substituír a Lucía César como concelleira na Corporación municipal por esixencias laborais e o mandato non resultou como esperaban.
Certo, non podemos facer un traballo máis exhahustivo por circunstancias laborais e o que pasou influiu en que a nosa candidatura se proclamase bastante tarde.

Cales son bases do programa?
Xira en torno a dos eixos. A nivel global, aproveitando a corrente favorable, facer unha Galiza concello a concello e, nas municipais, entendemos que Vilagarcía merece máis. Máis participación cidadá, receptividade por parte los gobernos municipais, servizos descentralizados nas parroquias e humanización pensando nas persoas. Tamén máis verde, máis espazos, e non só catro macetas e moito formigón. Tamén que sexa máis amable coa mocidade e a favor da igualdade.

Que expectativas barallan para o día 28?
Partimos das cifra de hai catro anos, e por cinco votos perdemos o segundo concelleiro. Foi unha situación complexa, estivemos falando con distintos colectivos e fixemos examen de conciencia dos acertos e dos erros. Eso nos impúlsanos a ter moi boas expectativas: estou seguro de que vamos superar amplamente os resultados das anteriores eleccións.

Como se plantexarían a acción municipal se o PSOE perdese a maioría absoluta? 
Non depende únicamente do que queira o BNG a nivel de Vilagarcía. Haberá que ver que ocorrre o día despois. É moi prematuro e dependerá da nosa fortaleza ou debilidade. Nas semanas posteriores habería que sentarse e ver que decisións se adoptan.