Vilagarcía evoluciona en positivo con 1.880 desempregados menos dende 2015

Hai 2.676 máis afiliadas á Seguridade Social que hai nove anos ▶ O período tamén se saldou con 77 empresas máis ▶ O censo incrementouse en 207 habitantes

Camareira sirviendo en una terraza. DP
photo_camera Camareira servindo nunha terraza. DP

A análise dos principais indicadores socio económicos relativos a Vilagarcía dende o ano 2015 demostran que o municipio progresa axeitadamente. As cifras de emprego, creación de empresas, afiliacións á Seguridade Social, poboación e endebedamento municipal evolucionaron de forma positiva pese aos adversos condicionantes que se sucederon neste último período.

Un dos indicadores socioeconómicos que avalan esta afirmación é o do emprego. Collendo os datos publicados pola Consellería de Emprego da Xunta, o desemprego foi baixando de forma constante dende 2015, cando se contaban na capital arousá 4.385 persoas desempregadas, ata os 2.505 cos que se pechou 2023. Isto significa que Vilagarcía contaba a finais do pasado ano con 1.880 desempregados menos que hai nove anos.

De forma similar evolucionou o número de persoas afiliadas á Seguridade Social, que aumentaron en 2.676 altas no período a estudo. Despois dos efectos da crise financeira, en 2015 as filiacións se reducían a 11.553, mentres que a 30 de novembro de 2023 acadaban as 14.229, segundo consta no listado do IGE. Segundo esta mesma fonte, tamén progresou ao alza o número de empresas instaladas en V ilagarcía, ao contabilizarse 77 máis a finais de 2023 (3.299 en total) que en 2015.