Ravella concreta cos veciños de Cornazo os investimentos de 2024

O alcalde e concelleiros do executivo reuníronse este mércores cos representantes dos habitantes da parroquia nas instalacións municipais dos Borrizos 
Reunión do executivo coa veciñanza de Cornazo en Vilagarcía. DS
photo_camera Reunión do executivo coa veciñanza de Cornazo en Vilagarcía. DS

O goberno local de Vilagarcía reuniuse na tarde deste mércores cunha representación da veciñanza de Cornazo co obxectivo de concretar a inclusión nos orzamentos municipais de 2024 os investimentos a realizar na parroquia. O alcalde, Alberto Varela, encabezou a delegación municipal que completaban o edil de Obras e Servizos, Lino Mouriño, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón. Segundo a orde de prioridade fixada polos propios veciños, reservarase financiamento para acometer a reparación do muro da Fonte Bárbora, arranxos no centro sociocultural dos Borrizos e a instalación de medidas redutoras de velocidade nas rúas que o precisen.

O executivo visitou na mañá de mércores A Laxe para manter un encontro coa veciñanza do lugar no centro Contra vento e Marea. Na de Cornazo, o rexedor aproveitou a ocasión para escoitar as demandas dos habitantes da parroquia e para poñer en común as posibles solucións ás necesidades transmitidas. Tamén se lles pediu que fixasen unha orde de prioridades para ir acometendo as actuacións sinaladas, así como para a inclusión de camiños no novo plan municipal de asfaltados que se e stá a concretar.