A proxección do documental 'Negra Púrpura' continua a programación das Letras

A obra relata a presenza do fungo claviceps purpurea na cultura e na economía de Galicia durante o século XX

Películo 'Negro Púrpura'. DS
photo_camera Películo 'Negro Púrpura'. DS

Os actos programados pola Concellería de Cultura para conmemorar o Día das Letras Galegas teñen mañá, mércores 10 de maio, unha parada no Salón García, onde a partir das 21.00 horas se proxectará Negro Púrpura, unha documental dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva que relata un descoñecido episodio da historia de Galicia do último século. O traballo céntrase no claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que tivo unha forte presenza na historia e na economía do século pasado.

No audiovisual relátase que Galicia foi un dos lugares de maior produción de claviceps purpurea, un fungo que medra nas espigas do centeno e que hai xa un tempo que se descubriu como o factor desencadeante das intoxicacións que deron pé á famosa matanza das bruxas de Sálem, na América do século XVII. Lonxe dese terrorífico episodio, Negro Púrpura céntrase na produción deste fungo en Galicia no século XX e como esta curiosa historia influíu no devir na cultura e da economía da zona. As directoras do traballo asistirán á proxección e o público poderá comentar con elas aspectos da documental no coloquio que se abrirá tras o seu visionado.

Para a programación desta actividade a Concellería de Cultura contou coa colaboración do Cine Club Ádega. A asistencia á actividade é gratuíta ata completar aforo.