A Policía Local advirte da posible afección ao tráfico das manifestacións do metal

Están convocadas para o martes 20 e o xoves 22 e percorrerán o eixo entre a rotonda de Godos e a de Larsa pola mañá (12.00 horas), e entre esta e o cruce do Ramal pola tarde (16.00 horas)
Policía Local de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Dependencias da Policía Local de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Policía Local advirte aos condutores da posible afección ao tráfico das manifestacións convocadas polo sector do metal para a xornada do martes, 20 de xuño, e para a do xoves, día 22. Os dous días haberá actos de protesta pola mañá e pola tarde, que descorrerán polo eixo de comunicación que atravesa a cidade dende a rotonda de Godos ata a do Ramal.

As manifestacións da mañá comezarán ás 12 horas cun percorrido que irá dende a rotonda de Godos, en Ande, ata a de Larsa, na avenida das Carolinas. Os manifestantes farán este traxecto nese sentido o martes e no sentido contrario o xoves.

As protestas da tarde comezarán as 16.00 horas e discorrerán polo tramo comprendido entre a rotonda de Larsa ata a do cruce do Ramal -atravesando a rúa San Roque e avenida Juan Carlos I no centro urbano-. Como no caso anterior, o martes os manifestantes circularán pola calzada nese sentido e o xoves, no contrario.