O guionista estadounidense Mick Garris recibe o Premio Honorífico do Curtas 2022

Coñecido polas súas adaptacións ao cinema de pezas coma Apocalipse ou O Resplandor, Garris participou nun encontro durante a tarde deste xoves con posterior sesión de autógrafos
Encontro co Director e Guionista Mick Harris no Festival Curtas 2022 fr Vilagarcia de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Encontro co Director e Guionista Mick Harris no Festival Curtas 2022 fr Vilagarcia de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Ao redor dun centro de persoas asistiron durante a tarde deste xoves ao que foi un dos momentos estelares das xornadas culturais que se están a desenvolver no marco de Curtas, Festival do Imaxinario en Vilagarcía de Arousa. O guionista Mick Garris ateigou a Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía nun encontro no que abordou a súa longa traxectoria como guionista, e na que destacan as súas adaptacións ao cinema das historias de Stephen King como Apocalipse ou O Resplandor.

Encontro co Director e Guionista Mick Harris no Festival Curtas 2022 fr Vilagarcia de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Encontro co Director e Guionista Mick Harris no Festival Curtas 2022 fr Vilagarcia de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Garris, quen tamén foi o creador da serie de televisión Masters of horror, recolleu o Premio Honorífico de Curtas 2022, nun acto que contou cun amplo despregue de medios gráficos e que foi retransmitido en directo nas canles oficiais do Festival.

Durante o coloquio co autor, que rematou cunha sinatura de autógrafos, o estadounidense ofreceu aos asistentes diferentes pautas que tivo que poñer en práctica ao longo da súa carreira, e moi especialmente dentro do xénero do terror. Neste sentido, quixo deixar claro que, ao contrario dun escritor, "ser director significa ser moi sociable. Tes que ter esas ferramentas de comunicación dende o primeiro día para poder responder axeitadamente ás necesidades de todos", explicou.

Encontro co Director e Guionista Mick Harris no Festival Curtas 2022 fr Vilagarcia de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Encontro co Director e Guionista Mick Harris no Festival Curtas 2022 fr Vilagarcia de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A programación de curtas continúa os vindeiros días con diferentes actividades, exposicións e coloquios. Este venres será o turno do debuxante Kiko Dasilva, que ofrecerá un curso ás 17.00 horas no Auditorio, e tamén terán lugar dous encontros con Salvador Larroca (18.00 horas) e Javier Olivares (19.00 horas), seguido dunha nova sesión de sinaturas.