Las grandes firmas de O Salnés demandan mejoras en las infraestructuras en el parque empresarial de Bamio

 ▶ Representantes de doce empresas de Vilagarcía reúnense co alcalde para analizar as necesidades do sector de cara a impulsar a economía no municipio  ▶ Máis seguridade vial e mellorar as conexións co Salnés, principais reivindicacións

photo_camera Vilagarcia celebró una mesa sectorial para continuar potenciando la economía local. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Mesa sectorial de empresas tractoras convocada pola Concellería de Emprego do Concello de Vilagarcía celebrouse este mércores co obxectivo de facer seguimento ás iniciativas acordadas nas anteriores xuntanzas e de recoller novas propostas para continuar avanzando no desenvolvemento empresarial e a dinamización da economía local. Representantes de doce grandes empresas do municipio e a Autoridade Portuaria tomaron parte na mesa que presidiu o alcalde, Alberto Varela, e contou coa intervención ca concelleira Alba Briones.

A xuntanza, de máis de dúas horas, servíu para expoñer os últimos datos oficiais de emprego e facturación do sector empresarial do municipio, así como para facer seguimento das actuacións realizadas por parte do Concello dende a última sesión da Mesa Sectorial, e para que os empresarios expuxeran as súas propostas e necesidades á administración local.

Reducir a velocidade en Bamio e carril lento no vial portuario

A mellora das infraestruturas e da seguridade viaria foi o tema máis repetido, demandado os empresarios medidas como o rebaixe da velocidade máxima de circulación no interior do polígono de Bamio e a mellora da conexión coa estrada xeral, a creación dun carril lento no vial de acceso ao Porto ou a mellora da seguridade viaria na saída de camións do Porto de Vilagarcía.

Varela comprometeuse a trasladar as novas demandas aos organismos competentes e a insistir nas que xa non son novas, como a da mellora dos accesos á zona industrial de Bamio. Do mesmo xeito, solicitarase ao Ministerio de Fomento que estude a viabilidade de crear ese carril lento na vía rápida do acceso portuario para que os camións que saen de Vilagarcía poidan circular sen problema e sen obstaculizar a circulación dos restantes vehículos.

O alcalde tamén informou aos empresarios do proxecto de humanización e mellora da accesibilidade que o Ministerio de Transportes vai a desenvolver no tramo da N640 entre Godos e a Praza da Constitución. A actuación prevista recollerá unha das peticións realizadas polos empresarios emprazados na zona de Rubiáns e que Ravella se encargou de xestionar ante o Ministerio: a construción dunha rotonda a medio camiño do vial para evitar que os camións teñan que ir ata Godos para dar a volta. En relación ao proxecto previsto, os responsables das empresas fixeron fincapé en que se garanta a seguridade viaria á hora de compatabilizar o uso de vehículos e bicicletas.

Transporte colectivo público ás zonas industriais

Outra das propostas realizadas polo sector foi a necesidade de dotar a os parques empresariais de sistema de transporte colectivo eficaz en canto a horarios e frecuencias, e tamén de mellorar as conexións co resto da comarca do Salnés. A concelleira asegurou que o Concello elaborará unha proposta de mellora da mobilidade para as zonas industriais co obxecto de presentala á Xunta de Galicia e demandar a súa realización.

Aproveitando a presenza dunha representante da Autoridade Portuaria, os empresarios tamén lle trasladaron algunhas peticións como a xa comentada da seguridade na saída de camións no acceso a Pablo Picasso, así como outras relativas a actuacións de mantemento e mellora de servizos nos terreos de competencia portuaria.

Subvencións municipais para que as empresas contraten e axudas ao emprendemento

A concelleira de Promoción económica dou conta aos empresarios do resultado da liña de axudas que o Concello concede anualmente ás empresas para fomentar a contratación por conta allea e que o ano pasado permitiu crear ou consolidar 7 postos de traballo. Aos 19.500 euros destinados a estas subvencións súmanse os 35.000 repartidos nas axudas ao emprendemento, a través das que se subvencionou a creación de 26 novos pequenos negocios.

De igual xeito, lembrou os resultados do plan de formación especializada con compromiso de colaboración que leva a cabo o Concello en colaboración coa grandes empresas da cidade, así como os eventos organizados directamente ou indirectamente polo Concello co obxectivo de dinamizar a actividade dos sectores produtivos ou incidir nos procesos de formación e profesionalización dos traballadores que demandan as empresas.

As firmas presentes na Mesa Sectorial deste mércores foron Castro Carroceras S.A. (Carsa), Baygar, Impex Europa, Maderas J. Redondo , Fundivisa, Mejillones Nidal, Automoción La Junquera, Thune Eureka, Fundiciones Rey, Bamipal, Tacore e Autoridade Portuaria de Vilagarcía.