A Fundación suvenciona a 28 clubs a través das axudas municipais ao deporte federado

A suma das axudas repartidas ascende a 94.691 euros
Los jugadores de la base del Arosa saltaron al césped de A Lomba durante el descanso del choque ante el Fabril. GONZALO GARCÍA
photo_camera O Arosa e o club que máis cartos vai recibir por parte da Fundación. GONZALO GARCÍA

O Consello Reitor da Fundación de Deportes aprobou esta semana o reparto das subvencións de fomento ao deporte federado. Un total de 28 clubs da cidade recibiron as axudas ás que o organismo municipal destinou 94.691 euros, sendo o Arosa S.C., o Cortegada, o BBC e o Club Xadrez Fontecarmoa os principais beneficiarios ao obter as maiores puntuacións en base á actividade federada realizada durante o ano 2022. A diferenza doutros anos, nesta ocasión ningún solicitante quedou fora da convocatoria, xa que todos cumpriron o trámite en tempo en forma, así como os requisitos especificados nas bases.

A maiores, a Fundación tamén subvencionou sete eventos deportivos de carácter extraordinario, entre os que se distribuíron outros 17.244 euros. Debido ao seu orzamento e repercusión, os torneos que recibiron as axudas máis cuantiosas foron o VII EncestaRías e oa Vilagarcía Basket Cup- Helena Mariño.

Subvencións para o fomento do deporte federado

Club Arosa, S.C: 7.925,12 €
Agrupación Deportiva Cortegada: 6.866,16 €
Basket Base Club: 6.661,20 €
Club Xadrez Fontecarmoa: 6.592,88 €
Club San Martín: 4.987,36 €
Agrupación Atlética Mazí: 4.543,28 €
Club Olimpic Vilagarcia: 4.543,28 €
Club Vilagarcía S.D.: 4.270,00 €
Club Baloncesto Vilagarcía: 4.167,52 €
Escola deportiva de Arousa, S.D: 4.133,36 €
Club Kenpo Vilagarcía: 3.894,24 €
Ingleses Rugby Club: 3.723,44 €
Club De Balonmano Arousa: 3.689,28 €
Club Deportivo Salvamento Vilagarcía: 3.552,64 €
Club Natación Vilagarcía, S.D.: 3.245,20 €
Club Vilarousa Gimnasia: 3.176,88 €
Club Piragüismo Vilagarcía: 3.040,24 €
Club Vilagarcía Tenis De Mesa: 2.869,44 €
Asociación Deportiva Arousa Futbol 7: 2.562,00 €
Club Deportivo Bamio: 2.220,40 €
Escola Fútbol Sala Salnés: 2.117,92 €
Club Atlético Arousana: 2.083,76 €
Club Deportivo Pérez-Sub: 1.127,28 €
A. D.C. Vilagarcía Esgrima: 888,16 €
Club Deportivo Pádel Vilagarcía: 717,36 €
Atlético Faxilde Club De Fútbol: 512,40 €
Club Baloncesto El Doce:   375,76 €
Club Ciclista Xiabre: 204,96 €
TOTAL: 94.691,52 €

Subvencións para a organización de eventos extraordinarios

VIII Torneo EncestaRías: 8.819,63 €
XXV Vilagarcia Basket Cup - Helena Mariño: 5.036,90 €
Fase Ascenso 1ª División Autonómica Feminina: 1.000,00 €
XII Liga Galega de Espada: 758,90 €
I Torneo Ramiro Carregal Soccer Cup: 707,97 €
XXV Marcha Cicloturista Arousa: 466,26 €
I Campus Balonmán: 454,54 €
TOTAL: 17.244,20 €