O Concello entregará un ordenador portatil ás persoas inscritas nun curso de dixitalización

A formación, de 40 horas, con tres modalidades distintas, comeza o vindeiro luns no CEMIT de Matosinhos ▶ Impartiránse competencias "básicas", "avanzadas" e para o emprendemento

Una mujer usando un ordenador. PIXABAY
photo_camera Una mujer usando un ordenador. PIXABAY

A aula CEMIT da avenida de Matosinhos acollerá dende o vindeiro luns, día 14 de novembro, e ata o 26 de decembro, tres cursos de formación gratuíta en competencias dixitais dirixido unicamente a mulleres de Vilagarcía. A novidade é que todas aquelas que se inscriban recibirán de regalo un ordenador portátil unha vez rematada esa formación, de 40 horas por curso.

O horario será de 9.00 a 14.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse, e recibir más información, a través do segunite enlace ou ben contactar coa organización a través do Whatsapp 604 039 575.

O programa Galegas Dixitais está financiado cos fondos Next Generation, da Unión Europea, e conta coa colaboración do Goberno central, a Xunta de Galicia, e o Concello de Vilagarcía, que neste caso cede as instalacións. Os tres cursos ofertados son de Competencias Dixitais Básicas, Avanzadas e Para o Emprendemento. No primeiro caso, trátase de obter coñecementos dixitais para o día a día; no segundo, de centralos no mundo do traballo; e no terceiro, no eido dos negocios. En todos os casos, a formación é de 40 horas.