O BNG demanda melloras na praia do Preguntoiro

Xabier Rodríguez, líder nacionalista en Vilagarcía, insta o arranxo inmediato da varanda da praia
Estado actual da varanda da praia de O Preguntoiro. DS
photo_camera Estado actual da varanda da praia de O Preguntoiro. DS

O BNG de Vilagarcía denuncia o deterioro e estado do acceso ao areal do Preguntoiro, en Vilaxoán. O portavoz municipal advirte das consecuencias que pode ocasionar o mal estado da varanda nesta época coincidindo co inicio da tempada de baño e que tamén dá servizo ás actividades marisqueiras, ademais de ter o festival Revenidas moi pronto, con gran afluencia de visitantes.

O nacionalista insta á entidade pública competente, Portos de Galicia a que, de xeito inmediato, proceda a retirar a varanda, por constituír un serio risco para as persoas, como paso previo á reposición de elementos de seguridade.