Telmo Martín acudiu a doar sangue á unidade móbil de Sanxenxo

A Axencia de Doazó de Órganos e Sangue agradece ao Concello de Sanxenxo o seu compromiso e colaboración
Doazón de Sangue de Telmo Martín. DS
photo_camera Doazón de Sangue de Telmo Martín. DS

A Praza dos Barcos de Sanxenxo está a ter unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) para doar sangue. Este mércores contou cunha presenza especial pois o alcalde do Concello de Sanxenxo, Telmo Martín acudiu a doar a sangue. Acto no que estivo acompañado pola directora de ADOS, Marisa López García.

 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece ao Concello de Sanxenxo o seu compromiso e colaboración para lograr un número axeitado de doazóns de sangue, facéndoo a toda a cidadanía galega que, nalgún momento das súas vidas doaron sangue para o correcto funcionamento dos hospitais galegos.