A ‘Librería Nós’ leva 45 anos ofrecendo historias e libros

Situada no centro do municipio, o local abre de luns a sábado tanto pola mañá como pola tarde e abastece ao municipio de literatura
(_LO_4869.JPG)  Salnes A partir de las 12 Reportajes y entrevistas a turistas en Sanxenxo Va Uxia con fotografo 600 59 31 2916930
photo_camera Xaime Corral rexenta a ‘Librería Nós’ dende 1978. josé luíz oubiña

O verán do ano 1978, no centro de Sanxenxo, nunha das rúas principais, nacía, timidamente, a Librería Nós. Chámase Xaime Carlos Corral Prieto e quen, dende ese verán de finais da década dos 70, rexenta o local. "Foron varias cuestións pero a principal foi pola miña situación de estudante e opositor e que por razóns de saúde non puiden proseguir", declara Xaime. "E a alternativa á miña situación era esta que, ademais, no a había na vila e parecíame importante que a cidadanía pudiera ter unha alternativa cultural a través da librería".

Agora, quen está detrás do mostrador usualmente é María Corral Parrada, sobriña e afillada de Xaime. "Eu estou xubilado pero vivo preto da librería e paso de cando en vez, sobre todo, para facer algunha xestión administrativa", explica Xaime. Como o seu propio nome indica, a libraría ten unha vinculación coa Xeración Nós. Como fixeron intelectuais como Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo ou Castelao, Xaime buscaba o obxectivo de aproximar a literatura e a literatura galega ás persoas.

Tanto a libraría como Xaime reciben a calor dos veciños e veciñas de Sanxenxo. Algúns clientes, segundo comenta Xaime, son compañeiros seus da infancia. "Durante o inverno temos clientes locais e municipais. No verán, ao aumentar a poboación, tamén aumentan o número de persoas que visitan a libraría", explica Xaime.

A Librería Nós está aberta de luns a sábado pola mañá e pola tarde. "Neste momento o libro domina a facturación da librería nun 60%", asevera Xaime. Nestes
45 anos, ademais de literatura, os veciños e veciñas de Sanxenxo, como os visitantes, atoparon historias e motivos para volver.