SABÍAS QUE...

O Pazo de Quintáns, en Noalla, é unha xoia do noso patrimonio

A construción conta cunha capela do século XVII dedicada á Virxe da Quinta Angustia
Vista xeral da fachada do Pazo de Quintáns. DS
photo_camera Vista xeral da fachada do Pazo de Quintáns. DS

Declarado Ben de Interese Cultural, o Pazo de Quintáns, situado na parroquia de Noalla, pertencente ao municipio de Sanxenxo, garda un interese histórico, patrimonial
e cultural significativamente alto. Entre finais do século XVI e comezos do século XVII constrúese a edificación que, ao longo dos anos, sufriu diversas modificacións.

A construción actual contacon dúas plantas, unha baixa e un primeiro piso. Así mesmo, ten un balcón de pedra con varanda de madeira en voladizo ao longo da fachada que está comunicada co xardín. Dentro do seu perímetro, o Pazo de Quintáns conta cunha capela do século XVII dedicada á Virxe da Quinta Angustia.

Cóntase que o seu anterior propietario recibiu unha oferta de compra do cantanto Julio Iglesias pero rexeitouna en favor do Concello de Sanxenxo ao que pertence
na acutalidade.

Hai visitas guiadas, de balde e en grupo, os cales non poden estar conformados por máis de dez persoas e a reserva deberá formalizarse a través de email.