SABÍAS QUE...

O parque da Panadeira era un cemiterio do pobo

Este espazo é un sitio de referencia para a cidadanía xa que, ademais do propio parque infantil, dispón dunha pista polideportiva pensada para o uso dos adolescentes.
Parque infantil da Panadeira. DS
photo_camera Parque infantil da Panadeira. DS

O parque da Panadeira é considerado, á súa vez, como un dos miradores de Sanxenxo, posto que se ubica sobre un punto medio-alto das praias de Panadeira e Lavapanos. Agora este espazo é un sitio de referencia para a cidadanía xa que, ademais do propio parque infantil, dispón dunha pista polideportiva pensada para o uso dos adolescentes.

Esta zona, que é resultado dun proxecto que busca a diversión dos nenos, así como a comodidade das familias, sitúase sobre o que anteriormente era o cemiterio do pobo.

Era o ano 1834 cando se abrían as portas do camposanto da zona.

Un século máis tarde, a finais da década dos anos 60, o concello decidiu buscar un novo espazo para edificar un cemiterio para o pobo máis moderno e con maior capacidade.

Sería en 1968 cando nacería o novo camposanto e recibiría o nome de Fontoira. De xeito anecdótico, o primeiro veciño falecido que foi enterrado alí era o pai do enterrador municipal da época.