Hostelería do Salnés múdase do Náutico e estrea nova sede con 20 alumnos

▶ O obradoiro impulsado pola Mancomunidade acada a súa XIV edición con dúas especialidades e "un índice de inserción laboral do 100%", segundo apuntou Marta Giráldez
Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Hostelería do Salnés muda de escenario despois de tres anos no Real Club Náutico de Sanxenxo. O obradoiro de emprego impulsado pola Mancomunidade do Salnés vén de acadar a súa XIV edición celebrando a estrea dunha nova sede no municipio (rúa Ourense, 24), cun total de 20 alumnos e alumnas que foron seleccionados para cursar as especialidades de Cociña e de Restaurante-Bar durante 12 meses, en grupos de 10 cada unha.

Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

As novas instalacións destinadas á actividade, que está subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, conta cunha superficie de 296 metros cadrados, entre unha cociña industrial completamente equipada, comedor e aseos. A Mancomunidade do Salnés dispón do local para esta fin en réxime de aluguer por un ano prorrogable, e acometeu obras de adecuación para a instalación de material e renovación da súa estética, cun investimento duns 40.000 euros. Neste sentido, tal e como sinalou este venres o xerente, Ramón García Guinarte, durante a xornada inaugural, a adecuación levouse a cabo "en un tiempo récord, pero en el que se consiguieron cumplir los plazos".

Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, a xefa territorial de Pontevedra da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, Marta Mariño, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín e a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, acompañada do xerente da entidade, foron os encargados de dar a benvida ao curso, nun acto no que Giráldez quixo destacar a boa marcha da iniciativa, que conta "cun índice de inserción laboral de case o 100%, se non do 100%", asegurou.

Deste xeito, Giráldez louvou a "selección excepcional" que se levou a cabo no que respecta ao alumnado participante, e dirixiuse a el para trasladarlle que a calidade profesional dos futuros traballadores da hostelería é "a nosa bandeira. Galicia é un referente no turismo, pero o Salnés é referente do norte de España e de Galicia con diferencia", afirmou.

Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta, Luis López, parabenizou aos seleccionados e seleccionadas e destacou "o aporte de medio millón de euros" por parte da Xunta de Galicia "en base a un proxecto" coma este.

López tamén valorou positivamente o percorrido do obradoiro no que "levamos formadas a case 300 persoas" e pediu ao alumnado que complete a totalidade da formación pese ás temperás ofertas laborais que cheguen nos vindeiros meses.

No que respecta á calidade das instalacións, tanto o delegado da Xunta coma o alcalde, Telmo Martín, coincidiron en enxalzar o seu "excelente nivel".

Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

COMPETENCIAS. Durante a xornada inaugural de Hostelería do Salnés, á que tamén asistiron representantes dos distintos concellos que forman a Mancomunidade, do comercio local de Sanxenxo e de Cáritas, o alumnado fixo unha demostración dos coñecementos adquiridos dende o inicio do curso, o pasado mes de outubro, cun cátering composto de croquetas, empanada, canapés, patacas con raiadura de cítricos, queixos e postre, cunha coidada presentación.

A maiores da formación teórica e práctica, o alumnado tamén prestará servizos por toda a comarca coma a promoción do turismo gastronómico, colaboración co comedor de Cáritas en Vilagarcía, elaboración de guías Xacobeo e showcookings.

Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Inauguración da nova sede, este venres. JOSÉ LUIZ OUBIÑA