Vídeo

Diario do Salnés entra nas novas cociñas de Hostelería do Salnés

Diario do Salnés entra nas novas cociñas do obradoiro de emprego Hostelería do Salnés, que vén de acadar a súa XIV edición. Á inauguración das instalacións, ubicadas na rúa Ourense (#Sanxenxo), asistiron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, a xefa territorial de Pontevedra da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, Marta Mariño, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, e o xerente, Ramón García Guinarte, así como representantes dos concellos e alumnado.

[Vídeo: ALBA MOLEDO UCHA]