O Club de Xubilados e Pensionistas de Portonovo, de ruta por Cangas

A Deputación organiza para esta fin de semana unha nova xornada de En Ruta coa Depo na que os veciños de Sanxenxo visitarán o municipio do Morrazo
Cabo Home, en una imagen de archivo. RAFA FARIÑA (AEP)
photo_camera Cabo Home, en una imagen de archivo. RAFA FARIÑA (AEP)

A Deputación de Pontevedra organiza esta fin de semana tres saídas no marco do programa provincial En Ruta coa Depo, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares do territorio provincial. Neste caso, entidades dos concellos de Arbo, Sanxenxo e Vigo mobilizarán a máis de 160 persoas para coñecer as ruínas de Santa Mariña Dozo, o mosteiro da Armenteira ou pasear por Cabo Udra, entre outros espazos da provincia.

Dúas das saídas están programadas para este sábado, 4 de novembro. Así, integrantes da Asociación Cultural Evaristo de Sela (Arbo) percorrerán Cambados con paradas en lugares do concello coma o seu conxunto histórico, o Museo Etnográfico e do Viño, as ruínas de Santa Mariña Dozo, a bodega do pazo de Fefiñáns e o Museo do Muíño de Mareas da Seca.

Pola súa banda o Club de Xubilados e Pensionistas de Portonovo visitará diferentes puntos de Cangas, como Cabo Home ou a igrexa de Hío, e Bueu como o Museo Massó e Cabo Udra. Ademais, o domingo, 5 de novembro, a Asociación de Mulleres Pedra da vella (Vigo) fará unha ruta polo Salnés para coñecer o mosteiro da Armenteira, os muíños do Batán, o monte do Castro e, entre outros lugares de interese, o pazo de Señoráns.