O BNG de Sanxenxo reclama ao Concello que habilite unha aula de estudo

Fran Leiro, lembrou que esta é "unha demanda histórica que xa se vén reclamando durante moitos anos por p
Fran Leiro (centro) xunto a outros edís do BNG. DS
photo_camera Fran Leiro (centro) xunto a outros edís do BNG. DS

O BNG de Sanxenxo esixiu ao Concello a habilitación dunha aula de estudo para mozos, mozas e adultos do municipio que actualmente se atopen opositando ou estudando carreiras universitarias. Así o pediu o voceiro nacionalista, Fran Leiro, quen lembrou que esta é "unha demanda histórica que xa se vén reclamando durante moitos anos por parte da nosa veciñanza".

Na actualidade, ante a falta dunhas instalacións deste tipo, os e as estudantes recorren ás Bibliotecas Municipais de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga, segundo indicaron dende o grupo nacionalista pero, sen embargo, os horarios de apertura e as actividades organizadas para crianzas nestas instalacións fan que "resulten a todas luces insuficientes". Para Leiro, "o servizo que realizan as Bibliotecas é de primeira necesidade á hora de consolidar hábitos de lectura entre os máis cativos e cativas, pero o Concello está na obriga de achegar e facilitar recursos a todas as persoas que precisen dun lugar onde estudar, e non poñer paus nas rodas".

Leiro, quen abordou a necesidade de acometer esta medida no último Pleno, criticou que "ao Partido Popular e ao señor Telmo Martín gústalles moito presumir dos éxitos académicos que conseguen as veciñas e veciños; logros que non acadan precisamente grazas ao Goberno local. Tanto é así, que son moitas as mozas e mozos que se ven na obriga de trasladarse a outros concellos", para estudar asegurou.