O BNG de Sanxenxo organiza unha nova charla informativa sobre os vados

Terá lugar este venres, ás 21.00 horas na Casa de Cultura de Dorrón
Charla informativa do BNG de Sanxenxo. DS
photo_camera Charla informativa do BNG de Sanxenxo. DS

O grupo municipal do BNG de Sanxenxo celebrará unha nova reunión informativa para abordar o cobro de vados non solicitados, con carácter retroactivo desde principios de 2020, por parte do Concello. Se ben o procedemento está paralizado actualmente, un dos motivos da reunión é "a pretensión do PP é aprobar unha nova ordenanza que sirva para sacar cartos á veciñanza e, deste xeito, poder pagar a política de cemento do señor Martín", segundo advertiu o voceiro, Fran Leiro.

A reunión terá lugar este venres, 19 de xaneiro, ás 21.00 horas, na Casa de Cultura de Dorrón, no lugar da Granxa. Está prevista a participación do avogado especializado Miguel Vieito que, ademais de resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o encontro, achegará información sobre a nova ordenanza que"«o único que busca é recadar cartos". Leiro ten claro que "moita xente está farta da política de cemento e recadatoria de Telmo Martín", manifestou.