O BNG advirte do afán "recadador e intimidatorio" da nova ordeanza de vados de Martín

Aseguran que a medida ten o "único proposito de intimidar á cidadanía para que empecen a pagar o imposto"
(_LO_8716.JPG)  Salnes Casa Mariñeira de Portonovo 12 00h Presentacion de Fran Leiro candidato do BNG Estaran Ana Miranda e Montse Prado13536
photo_camera Fran Leiro, voceiro do BNG en Sanxenxo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo denuncia o afán de recadación e intimidación da nova ordenanza dos vados que o PP de Telmo Martín quere aprobar proximamente, co único fin de "recadar cartos para custear a súa política de cemento". O borrador establece unha serie de puntos "moi preocupantes", a xuízo do voceiro nacionalista, Fran Leiro.

Un deles corresponde ao apartado de sancións para todas aquelas persoas que dispoñan dunha saída de vehículos á vía pública e non soliciten o vado. "Estamos a falar de sancións moi duras, de ata 3.000 euros, co único propósito de intimidar á cidadanía para que empecen a pagar este imposto. O único que busca o señor Telmo Martín é baleirar os p tos dos veciños e veciñas de Sanxenxo, unha nova medida recadadora que se suma á suba de impostos aprobada hai uns meses e ao incremento do seu soldo e do seu equipo", critica o edil do BNG.
Os nacionalistas teñen claro que o afán recadador do PP "non ten límites".

O voceiro do BNG tamén carga contra a maneira de proceder do alcalde á hora de tramitar este regulamento. "A exposición pública deste documento fíxose a finais do mes de xullo, en plena tempada estival, polo que a xente non tivo constancia e non puido presentar reclamacións ou apelacións de ningún tipo", afirma Fran Leiro, que ve nesta manobra "o habitual modus operandi do señor Martín", sentencia.