Ribadumia abre o mes de xullo cunha exhibición de Pole Sport e a festa do Día da Música

Este sábado, o municipio acollerá estes dous eventos; o primeiro celebrarase no Auditorio Municipal de Ribadumia e, o segundo, na Carballeira de Barrantes
Asociación Pole Sport Salnés. DS
photo_camera Actuación da Asociación Pole Sport Salnés. DS

Continúan os eventos e as celebracións como cada semana en Ribadumia. Nesta primeira fin de semana de xullo celebrarase unha mostra de Pole Sport organizada pola Asociación de Pole Sport do Salnés, e festexarase o Día da Música, organizado pola Escola de Música do Concello de Ribadumia. 

O sábado 1 de xullo, no Auditorio Municipal de Ribadumia, terá lugar a II Mostra de fin de curso da Asociación Pole Sport do Salnés, ambientada no mundo Disney. Dirixido por Eva Lede e organizado e participado pola Asociación Pole Sport do Salnés, o Centro Chassé e a Asociación de Danza A Saleta. 

O evento está dividido en dúas sesións: a primeira, ás 17.30h e; a segunda, ás 19.00h. Para esta última, as entradas están esgotadas, polo que non haberá posibilidade de adquirilas en taquilla. No caso da primeira sesión, poden comprarse as entradas anticipadas (3€) poñéndose en contacto no 664 261 050 ou adquirilas no momento previo á función a un prezo de 5€. 

Á mesma hora que a exhibición de pole sport, a veciñanza de Ribadumia e arredores poderá gozar do III Día da Música na Carballeira de Barrantes. Dende a tarde ata a noite, os asistentes poderán gozar de actuacións musicais por parte do alumnado da escola como do DJ Javiloro, o dúo La sinfonía de tu vida e o grupo M80. Haberá tamén inchables infantís (gratuítos para os nenos e nenas da escola de música) e, pola noite, unha churrascada musical.