A Escola de Verán de Ribadumia conmemora o Día de Galicia cunha ruta do Camiño

A ruta tivo dous percorridos adaptados ás idades dos nenos e nenas
FOTO 2. Ponte Romana Pontearnelas
photo_camera Ponte Romana de Pontearnelas. CEDIDAS

A Escola de Verán do Concello de Ribadumia, xunto cos seus monitores, fixeron un percorrido por unha parte da variante espiritual do Camiño de Santiago para conmemorar a celebración do Día de Galicia, que foi onte luns 25 de xullo.

Esta ruta tivo dous percorridos adaptados ás idades dos nenos e nenas participantes. O primeiro deles partiu da casa de Cultura de Ribadumia ata os Muíños do Batán e Cabanelas, e o outro, dende a asa da Cultura de Lois ata Pontearnelas.

FOTO 1. Muiños do Batán de Ribadumia
Muiños do Batán de Ribadumia. CEDIDAS

Co fin de levar a cabo unha actividade didáctica, os rapaces e rapazas tiveron que aprender a indagar nas curiosidades do Camiño e as súas diferentes rutas, sobre todo, a da variante espiritual, que é a que pasa por Ribadumia. Nestas dúas andainas, puideron coñecer algúns dos recunchos do municipio e a súa contorna máis próxima e reforzaron tamén o significado que ten o Camiño, ca que se atoparon con outros peregrinos que estaban facendo a mesma ruta ca eles.

Finalizado o percorrido, os nenos e nenas recibiron cadansúa credencial de peregrino cuberta e foron vestidos durante todo o percorrido cun s traxes elaborados por eles mesmos con cartolinas, papel, cunchas de vieiras, etc. Esta representa un dos labores que a rapazada leva facendo dende o comezo do verán nas actividades que entraña a Escola de Verán, entro outras moitas. 

O obxectivo destas actividades é a continua aprendizaxe a través do entretemendo e a involucración de todos so nenos e nenas, así como tamén dos monitores e monitoras, en todos os proxectos que se están a elaborar dende a Escola de Verán.