As voces que fan reflexo do pasado

Música tradicional ▶ Cinco en Zocas é unha agrupación de canto tradicional que mestura o tradicional con harmonías. Estas nativas de O Grove combinan as súas responsabilidades diarias coa recollida e formación das melodías que trasladan as mensaxes dos antepasados á actualidade e que fan as delicias nos festivais galegos
Cinco en zocas no concerto da última Festa do Marisco en O Grove cos seus últimos traxes de cores. /D.P
photo_camera Cinco en zocas no concerto da última Festa do Marisco en O Grove cos seus últimos traxes de cores. /D.P

Cinco en Zocas é unha agrupación vinculada ao eido do tradicional. Dende 2016 Lara Piñeiro, Dunia Álvarez, Andrea Menéndez, Marta Canedo e Silvia Otero son as voces que reflexan parte do noso pasado. "Somos un grupo de amigas que dende cativas estamos vencelladas á música tradicional», relata Lara Piñeiro. A súa historia como grupo comeza na Festa do Marisco, decidiron xuntarse e tocar «para pasar un bo rato e divertirnos. Como dí Dunia, foi un ‘vagueo’. Isto no Grove aplícase a cando fas algo sin pensar", explica a portavoz do grupo. No encontro de pandereteiras desa festa, decidiron "botarse á piscina" e buscar un nome. Cinco en Zocas xorde con motivo da vestimenta que decidiron levar ese día. "Decidiramos ir cuns vaqueiros e en zocos e somos cinco, pois Cinco en Zocas", conta Piñeiro. A partir do éxito que resultou desa primeira mostra espontánea do grupo, comezaron a chegar as chamadas para novas actuacións. "Despois da nosa primeira actuación preguntáronnos se tiñamos un CD e quedáramos abraiadas", expresa.

PROCURADORAS DA HISTORIA. Como adoita pasar no ámbito do tradicional, a busqueda de persoas que coñezan as cantigas que levan séculos sobrevivindo están escaseando máis. "A xente que as coñece vai falecendo. Menos mal que hai un arquivo grande e hai cada vez máis persoas que buscan isto", conta. Elas, tras a correspondente recollida procuran harmonizar a melodía para poder despois difundila nos actos nos que participan. "Procuramos harmonizar dun xeito máis novidoso, pero mantendo o arraigamento do que recollemos", di Lara Piñeiro. "Unha vez que aprendemos ben a peza dámoslle o noso xeito coa melodía". Case todas son naturais de O Grove amosando, unha vez máis, o talento que aniña nesa localidade. E pese a que na zona non houbo moita tradición de cantos tradicionais, estas cinco mulleres traen cancións de todas partes de Galicia para refacer as costumes do lugar. "Intentamos manter viva a esencia de amosar como se tocaba nas diferentes zonas". dice a integrante do grupo.

Foi toda unha honra para nós tocar no Domingo das Mozas do San Froilán. É un escenario para nós moi importante e especial

"NON HAI SESGO DE XÉNERO ". A pesar de ser unha tradición específica de mulleres, agora son cada vez máis os homes que fan a labor de recollida e difusión dos cantos. "Ao igual que hai máis mulleres gaiteiras, tamén agora comeza a a haber homes que difunden estas letras», explica. Dentro das agrupacións de homes actuais están Os Carecos, Os da Porfía e «fano de marabilla. Estamos moi contentas con iso", expresa.

A MÁIS ESPECIAL. Sempre hai unha actuación especial ou que quedará no corazón dun artista. No caso de Cinco en Zocas, unha delas é tocar na Festa do Marisco, "xa que é o noso aniversario como agrupación e dous días antes No Domingo Das Mozas nas Festas de San Froilán, en Lugo", conta Piñeiro. A través da asociación de Gaiteiros Galegos contou con estas rapazas para este evento tan «especial» para elas. "A verdade que foi toda unha honra que contasen con nós xa que é un gran escenario para a música tradicional", di Lara Piñeiro con emoción. Esas foron as funcións máis especiais do último ano, pero non as últimas, xa que esta agrupación de cantos tradicionais puido lucirse no Festival Solidario de Panxoliñas. "Fixémolo para recadar fondos para nenos con TDH", explica a artista. O número de eventos non ten parada aínda que o número é moito menor tras a pandemia.

"IMOS PASO A PASO". Tras tocar no Domingo das Mozas o seu maior soño cumpliuse e, para Lara Piñeiro, a procura de novos obxectivos é unha tarefa pendente, xa que van día a día disfrutando cos pasos que van acadando. Aínda así, para 2023, teñen previsto finalizar a gravación do seu disco. "Empezamos a preparalo antes da pandemia, pero a situación da covid fixeron complicada a tarefa", relata. "Queremos retomar o proxecto e facer tamén algún vídeo para ter aí o noso legado e máis outra forma de difusión", conta. 

Procuramos harmonizar dun xeito máis novidoso, pero mantendo o arraigamento do que recollemos. Logo, dámoslle o noso xeito coa melodía

TANXUGUEIRAS. Comezaron cun estilo moi semellante de cantar e difundir as súas cancións dende o 2016. Porén, o seu estilo foi mudando a camiños diferentes. "Elas comezaron coma nós, pero mudaron a unha mistura con música actuais e moderna. Nós quedamos máis arraigadas ás harmonías con voces", conta Piñeiro. Este ano tiveron a oportunidade de ser as teloneiras delas e foi todo unha "honra" poder falar con elas "despois de ter todo ese éxito e trasladar ao galego por España adiante", comenta. Como as Tanxugueiras, Cinco en Zocas non se pechan portas e, si os seus quefaceres diarios llopermíten, "sería todo un pracer poder cantar tamén fóra de Galicia e España". Pese a todo, Lara Piñeiro e as súas compañeiras están moi agradecidas co camiño acadado ata agora e todo tipo de oportunidades que lles deron. "Tamén toda a xente que nos acompaña, sempre é de agradecer", indica.

A fondo: A Panxoliña de O Grove con historia
Aínda que non haxa moita tradición de canto tradicional nesta nesta zona, aínda perduraron no tempo algúns pedazos de historia a través das Panxoliñas. Cinco en Zocas, indica que non pode confirmar se ten como orixe O Grove, pero si que o cantan de en situacións especiais. "A panxoliña cantounola, en concreto, a nai de Silvia que se chama Macarena e sempre é a canción que cantamos na época de Nadal cando a piden", relata como anécdota Lara Piñeiro. A Pandereitada do Grove, é outra das das pezas que toca esta agrupación, pero «dunha forma puntual», conta. Grazas ao bo compromiso das persoas que se encargan da recollida dos cánticos, Galicia, e en particular O Grove, póde sentirse orgullosa destas rapazas.