O primeiro 'día grande' do Marisco do Grove réndese á música e conquista a carpa festiva

A xuventude vibrou ao ritmo de Leïti Sène, DJ Payca e DJow Trece na que foi a segunda noite de festa
Concertos na segunda xornada da Festa do Marisco. DS
photo_camera Concertos na segunda xornada da Festa do Marisco. DS

A LX Festa do Marisco do Grove vén de pechar o seu primeiro 'día grande' cun éxito de asistencia aos concertos que se desenvolveron na que foi a segunda noite de festa, e que encandilou especialmente á xuventude co rap de Leïti Sène e as mesturas dos disc jockeys locais DJ Payca e DJow Trece. A carpa de concertos encheuse por primeira vez nesta edición, con público de todas as idades que se congregou para corear os ritmos inaugurados por DJ Payca co seu techno dende as 23.00 horas.

Concertos na segunda xornada da Festa do Marisco. DS
Concertos na segunda xornada da Festa do Marisco. DS

A artista emerxente Leïti Sène, chegada desde Cataluña, tomou logo o relevo para levantar ao Grove coa súa mestura entre hip-hop e rap. Sène presentou o seu derradeiro álbum, APOCALIPSI, aínda que tamén ofreceu temas da súa aínda curta pero xa exitosa discografía, cunha carpa totalmente entregada ao seu son. DJow Trece pechou o evento, elevando a temperatura na comarca do Salnés, selando o que, segundo valoraron dende a organización da cita, foi o mellor inicio da historia a nivel de ambiente que se lembra na Festa do Marisco, como indica o alto número de visitantes chegados de moitas partes do mundo e un alto nivel de venda de tickets de comida.


Previamente ás actuacións electrónicas, a agrupación Paradanda-Mecos acaparou a atención na contorna da Praza do Corgo. Desde ás 19.30 e ata ben entrada a noite, a súa música e baile tradicional chamou a atención de centos de curiosos que puideron gozar dos 23 produtos locais dispoñibles nos diferentes stands da Festa.

Concertos na segunda xornada da Festa do Marisco. DS
Concertos na segunda xornada da Festa do Marisco. DS

Durante a xornada deste sábado é o turno da regata de domas a vela e a proxección do documental Mulleres do mar (na Carpa Institucional), a partir das 12.00 horas unha vez xa estean de novo abertas as casetas de venda de marisco (11.30 horas), marcará o comezo dun sábado que continuará coa estrea das sesións ‘de día’ na Carpa cafetería , os xogos tradicionais infantís, concurso de pratos de mexillón e o concerto de zarzuela son os eventos que se desenvolverán ao longo da xornada na LX Festa do Marisco do Grove. O día rematará co prato forte do día e cun dos máis potentes de toda a festividade: o concerto de La Casa Azul a partires das 23.00 horas.