A lonxa do Grove vendeu máis de 500 quilos de polbo no primeiro día de campaña

Houbo exemplares que chegaron ata os dez euros por quilo, sendo o prezo medio ao que saíu a peza de sete euros
photo_camera Subasta de pulpo en la lonja de O Grove. [VÍDEO: JOSÉ LUIZ OUBIÑA]

A campaña extractiva do polbo deu o pistoletazo de saída esta semana, facendo notar a súa presenza nas lonxas de toda Galicia. As primeiras subastas amosan que a crise do sector provocada pola pandemia está mostrando signos de quedar atrás, mais haberá que esperar ao remate da semana para poder facer unha verdadeira valoración do que se pode esperar nesta campaña.

No Grove, de momento, os datos parecen confirmar que a situación está mellorando. O primeiro día de campaña vendéronse nesta lonxa 520 quilos de polbo cun prezo medio de algo máis de sete euros por quilo, máis baixo que outras lonxas, como por exemplo a de Bueu. O máximo situouse nos dez euros. O ano pasado os datos foron máis negativos e o primeiro día vendéronse 360 quilos. "Ao haber menos exemplares, o precio medio foi un pouco máis alto, sobre oito euros", conta Lorena Fernández, secretaria da Confraría de Pescadores San Martiño. Nese ano, o precio máximo chegou ata os case once euros. Aínda máis desesperanzadores son os datos do ano 2020, no que o primeiro día só se venderan 115 quilos, cun precio medio de case oito euros e un máximo preto dos dez euros.

Subasta del pulpo en la lonja de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Subasta do polbo na lonxa de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Nesta lonxa non hai moitas embarcacións, pero o número mantense constante incluso durante as épocas de crise. "Non soe haber grandes variacións, a flota do polbo é constante. Non nos pasa que un ano vaia sen barcos e outro vaian 50", explica.

A Consellería do Mar e o sector acordaron un plan no que se establece que, desde esta semana e ata o 31 de agosto, a cota máxima de captura do polbo será de 30 quilogramos ao día por cada tripulante nas embarcacións.O acordo tamén estableceu que o horario laboral dos traballadores doi mar iniciarase ás 06.00 horas e finalizará as 16.0 horas, aínda que se pode saír do porto ás 05.00 horas.

O panorama móstrase alentador para esta campaña e o sector está satisfeito, pero pide prudencia. "Os datos que manexamos en canto a cantidades mostran que está sendo un ano bo, pero estamos empezando e temos que ver como se vai desenvolvendo", explica Lorena. "De momento xa levamos mais quilos de polbo que os dous anos anteriores na mesma data".

"Se a flota gasta en combustible o mesmo que antes xa non lles dura para a semana"

A pesar de estar tendo un ano con boas cifras, o mundo pesqueiro está sendo, como moitos outros, moi afectado pola subida do prezo dos carburantes. "Á flota afectoulle moito, encher o depósito agora custa máis". Conta Lorena que as embarcacións "se gastan en combustible o mesmo que gastaban antes xa non lles dura para a semana", cando ata este ano sí lles duraba. "Para as nosas lanchas é un gasto máis que se duplicou", explican.

Subasta del pulpo en la lonja de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Subasta del pulpo en la lonja de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Quenes traballan no sector pesqueiro manifestan a necesidade de que a situación actual cambie. "Ten que haber un cambio porque se non moitas familias vanno pasar moi mal. O consumidor ao final ve incrementados os prezos, chega todo máis caro as pescaderías, ás prazas de abastos...". Para a secretaria da confraría, é unha situación que non se pode manter moito máis tempo, "a nivel xeral, non só combustible, tamén os prezos dos bens e a electricidade".