O Grove exalta o seu produto estrela coas XXI Xornadas da Centola

Este xoves, o hotel Isla da Toxa acolleu unha cata maridaxe no que se serviron 6 platos e 3 viños
Nava Castro, José Antonio Cacabelos, Agustín Reguera e José Besada na cata maridaxe das XXI Xornadas de Exaltación da Centola de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Nava Castro, José Antonio Cacabelos, Agustín Reguera e José Besada na cata maridaxe das XXI Xornadas de Exaltación da Centola de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

As XXI Xornadas de Exaltación da Centola do Grove, organizadas por Emgrobes, seguen levando a cabo o programa de promoción e dinamización da economía local cunha cata maridaxe que se realizou na mañá deste xoves no hotel Isla, en A Toxa, e que  unha vez máis contaron co apoio das administración, dos empresarios, das bodegas, a Confraría de pescadores e do centolo Larpeiro.

A cita deu comezo o pasado 6 de novembro e estenderase ata o 10 de decembro grazas á colaboración dos 14 restaurantes e os 8 hoteles involucrados.

No acto celebrado este venres interviron o presidente de Emgrobes, José Besada; o alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos; a diputada provincial, Nava Castro; e o delegado territorial, Agustín Reguera. A xornada contou coa degustación de 6 pratos de 3 establecementos diferentes e 3 viños, dos cales un era ribeiro, outro ribeiro trixadura e o último albariño. 

Así Pedro Villanueva do restaurante Bruma en Beiramar preparou dúas recetas consistentes nunha brioche e un rollito no que destacaba o intenso sabor da centola, preparado a modo de desgustación para os exquisitos paladares que acudiron á cata maridaxe. Alejandro Laíño, da tapería Plaza, local situado na Praza do Corgo e que se encargou de prepara unha ensaladilla de centolón e un exquisito canelón no que destacaba a calidade da centola de O Grove. Para finalizar Isabe Castrol do Hotel- restaurante O Castro situado en Reboredo preparou un Pan Bao e un potaxe de fabas acompañado do exquito crustáceo que degustaron os que nos acompañaron nesta acción de promoción da centola de O Grove.

Recuperación da ocupación

A deputada provincial, Nava Castro, deu os parabéns á asociación porque “o produto estrela do mar do Grove merecía unas xornadas propias, e así queda demostrado nos 21 anos de vida desta iniciativa”. Ademais, tamén asegurou que estas xornadas, que se estenden durante máis dun mes, amosan que “sobra iniciativa por parte dos hostaleiros e sobran motivos para achegarse ao Grove en calquera momento do ano”.

Pola súa banda, Agustín Reguera afirmou que é unha oportunidade chave para que o municipio recupere ocupación tras a celebración da Festa do Marisco. "O Grove é gastronomía, é turismo, é paisaxe e mar. E todo isto vese reforzado con estas xornadas, que ademais chegan nunha época de menos ocupación. Este tipo de iniciativas que apostan pola desestacionalización e que poñen en valor os grandes productos de calidade que temos na provincia, sempre van contar co apoio da Xunta".