O Grove acolle o último campo de voluntariado da Xunta

A campaña de verán deste ano bateu récords ao superar as 11.200 prazas, 400 máis que o ano anterior, e unha ocupación de case o 100%
Campo de voluntariado da Xunta en O Grove. DS
photo_camera Campo de voluntariado da Xunta en O Grove. DS

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou este mércores os mozos participantes no campo de voluntariado de modalidade ambiental A terra que habita no ma, no concello do Grove.

Esta actividade trata de poñer en valor a riqueza medioambiental do concello, zona de parada de aves nas migracións europeas e euroafricanas. Os participantes levan a cabo accións como a limpeza e extracción de especies invasoras, a recuperación de estruturas na Ruta dos Burros Fariñeiros, na Aldea dos Grobits e nos puntos de observación ornitolóxica. Ademais, publican contido informativo en redes sociais que serve para a posterior divulgación mediante códigos QR, filmaron un vídeo sobre a problemática medioambiental e sensibilizan a grupos de escolares, entre outras tarefas.

Adicionalmente ás labores medioambientais, os once participantes -de entre 18 e 30 anos e procedentes de diversas comunidades autónomas- desfrutan de tempo de lecer con excursións, actividades de mergullo, caiac ou rocódromo.

Este campo de voluntariado é o último dunha campaña de verán na que Galicia acolleu 46 campos de voluntariado, catro deles de nova creación, que sumaron un total de 730 prazas.