Lontreira e La La Love You poñen o broche de ouro aos concertos do Marisco

O alcalde, José Antonio Cacabelos, destaca «o tirón que ten esta senlleira Festa non só como epicentro da degustación
do mellor produto do mar; tamén como lugar para pasalo en grande»
Un grupo de visitantes degustan varias racións de marisco. JOSË LUIZ OUBIÑA
photo_camera Un grupo de visitantes degustan varias racións de marisco. JOSË LUIZ OUBIÑA

Os contacontos ‘Monstr3s’ e ‘Queda sitio na vasoira’ para a rapazada, a axuda humanitaria en forma de coloquio a cargo do colectivo local e baixo o título ‘Nos seus pés’, as actividades infantís na praza do Corgo, os concertos de La La Love You, Lontreira, Manu TF e a ‘Noite meiga’ e gran queimada marcaron o derradeiro sábado da LX Festa do Marisco do Grove, que rexistra os mellores datos da súa historia. 

Baseándose nos ritmos electrónicos, os galegos Lontreira ocuparon o escenario contra as 23:00 horas para executar ‘Campo da festa’, ‘A fonte’, ‘Contravento’ ou ‘Corazón de toxo’. Imposible resistirse a bailar. 

Despois, un dos pratos fortes deste Marisco 2023: La La Love You. Este grupo indie nacido en Parla, Madrid, chegou para desgarrar as gorxas do público coas súas cancións máis coñecidas. ‘El fin del mundo’, ‘Que nada nos pare’, ‘Quiero quedarme para siempre’ ou ‘El principio de algo’ foron só algunhas das que se puideron escoitar. 

Manu TF puxo o cierre a uns concertos do marisco que fixeron as delicias de pequenos e maiores. Rexistráronse cheos en todos os recitais, 19 en total, vivindo momentos inesquecibles neste Marisco 2023. 

https://www.diariodosalnes.es/articulo/o-grove/festa-do-marisco-pecha-mellor-dia-da-sua-historia-28196-racions-vendidas/20231014014930015315.html

A Festa está a rexistrar, a falta aínda do peche, os mellores datos da sua historia en afluencia e tíckets vendidos. O delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o recinto.

Precisamente, o alcalde, José Antonio Cacabelos, quixo facer un destacamento especial "a todas as persoas que nos visitaron o venres e desafiaron á chuvia, que aínda que nos deu tregua durante a noite, non era sinxelo desprazarse ata O Grove para desfrutar do Marisco», e asevera que «se trata doutra mostra máis do tirón que ten esta senlleira Festa non só como epicentro da degustación do mellor produto do mar; tamén como lugar para pasalo en grande".

Feira de Oportunidades

O comercio local do Grove cambia os seus habituais puntos de distribución polo aparcamento da praza do Corgo tamén o domingo, derradeiro día para encher de calzado, téxtil, peletería, artesanía, óptica, deportes e moito máis a Feira de Oportunidades Grovestock.

Participan: Mi casita del árbol, Dolce piel, Viento en popa, Óptica Veo Veo, Blossom, Spinnaker, A meca piel, Sheila, Amare, Calzados CYC, 5ª Avenida, Lolitos, Clake, Bambi, D. Tarrío Bolsos, Diane Futura e Félix. 

Programa do domingo

O derradeiro día da LX Festa do Marisco do Grove ofrecerá o mellor produto local para degustar nas carpas, sesión vermú ás 13:00 horas, sesión de tarde ás 18:00 horas e amenizarán a mañá o grupo de gaitas de Cantodorxo.

Máis actividades

Cabe destacar que dentro da programación da LX Festa do Marisco do Grove tamén se celebrarán o venres 20, sábado 21 e domingo 22 de outubro o festival ‘Nos seus pés’, na carpa institucional e na carpa de concertos; e tamén o XI Encontro anual de palilleiras o domingo 22 a partir das 10:30 horas no pavillón dos deportes no Monte da Vila. Está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Adro Vello.