A Fundación de Deportes de Vilagarcía aproba o reparto das axudas ao deporte federado

O Arousa SC e o Cortegada serán os principais beneficiarios ▶ Outros vinte clubs máis recibirán axudas ata chegar aos 94.715 euros totais

 

Encuentro entre el Arosa y el Estradense en el campo de A Lomba. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Encuentro entre el Arosa y el Estradense en el campo de A Lomba. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O consello reitor da Fundación de Deportes aprobou na súa última reunión, o pasado luns, o reparto das subvencións aos distintos clubs e entidades da cidade que concorreron á convocatoria deste ano, relativa á actividade federada de 2021. En total, son 94.175 euros, que se repartirán entre 22 clubs. Catro quedaron fóra por incumprir diversos aspectos das normas.

Arousa SC encabeza ese reparto, con 10.654 euros, seguido de preto pola Asociación Deportiva Cortegada (9.204 euros), Basket Base Club, con 8.025, e Club Xadrez Fontecarmoa (6.801). A partir hai un grupo de entidades que recibirán 3.000 e 6.000 euros: Atlética Mazí, San Martín, CB Vilagarcía, Salvamento Vilagarcía, Club de Natación, Vilarousa Gimnasia, Os Ingleses, Escola Deportiva de Arousa, Club Balonmano Arousa e Club Atlético Arousana. Entre os 272 euros do Club Ciclista Xiabre, o que menos recibirá, e os 2.221 do Club de Piragüismo, sitúase outro grupo no que figuran o club polideportivo do Colexio de Educación Especial, o Club Pérez-Sub, a Asociación Deportiva Arousa F7, a asociación de Esgrima e o club de Ximnasia Rítmica.

Catro clubs quedaron fóra do reparto de axudas por non cumprir coas normas da convocatoria: Motoclub VFM, Club de Remo Vilaxoán, Club Olimpic Vilagarcía e Cl ub Vilagarcía Tenis de Mesa.

Tanto o reparto das subvencións como a denegación de axudas a esas catro entidades foron aprobadas por ampla maioría, con unha única abstención e ningún voto en contra. A partir da notificación do acordo, os clubs e entidades beneficiadas terán un prazo determinado para presentar as facturas e os comprobantes de pago por importe suficiente para xustificar como mínimo unha cantidade igual ao montante da subvención. Para iso, a Fundación ten contratada, e posta a disposición dos clubs, unha plataforma de axuda no trámite.