O Arosa quere gañar terreo cara o playoff batendo o Somozas

Os de Luisito volven á Lomba en liga tras disputar o último encontro como locais en Vilaxoán
Goitia y Cotilla se disputan un balón durante el derbi que enfrentó a Alondras y Arosa este domingo. AROSA SC
photo_camera Goitia y Cotilla disputan un balón durante o último encontro de liga entre o Alondras e o Arosa. AROSA SC

O Arosa SC comeza o ano este domingo (17.00 horas, A Lomba) cun partido que pode abrirlle paso cara a zona de play-off.

Non atravesa polo seu momento máis brillante ningún dos dous equipos, mergullados na batalla polos cinco primeiros lugares da clasificación, pero sen acabaren de ter a necesaria regularidade que concede garantías para ocupar os primeiros postos.

O triunfo diante da UDO e o empate contra o Alondras permitíronlle aos de Luisito encadear tres partidos sen perder. De lograren os tres puntos, os arlequinados adiantarían o bloque coruñés, actualmente quinto da clasificación. O Somozas está nun mal momento, despois de perder os dous últimos envites e de non gañar nos catro máis actuais.