A plataforma SOS Sanidade reactívase cunha mobilización comarcal en setembro

Á xuntanza convocada pola plataforma asistiron organizacións e veciñanza de Meis, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa ou Vilagarcía de Arousa.
Hospital de la Provincia de Pontevedra. DP
photo_camera Hospital de la Provincia de Pontevedra. DP

Organizacións e persoas a título individual en representación da maior parte de municipios do Salnés xuntáronse o pasado luns, 1 de agosto, na sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía de Arousa para poñer de manifesto a necesidade da reactivación da Plataforma SOS Sanidade.

As preocupacións principais dos defensores da volta en marcha da plataforma son na dramática situación da Atención Primaria na comarca e nas condicións laborais e vitais dos sanitarios. A xuntanza determinou unha serie de accións para tratar de afrontar estos problemas, entre as que destaca unha gran mobilización convocada para o mes de setembro.

Durante a reunión, destacouse a gravidade de que nos Puntos de Atención Continuada da comarca non se estean a cumprir as ratios de persoal esixibles para unha atención de calidade. Hai PACs que chegan a quedarse sen médico durante as dúas últimas fins de semana. Tamén se tratou a situación sanitaria nos concellos de carácter máis rural da comarca, como Meis.

O novo voceiro de SOS Sanidade será José Manuel Ribadomar e tamén se activou unha nova coordinadora. Nela, estarán representados colectivos que integran a plataforma  e tamén as persoas que a título particular queiran formar parte dela. O seu obxetivo será avanzar no traballo do día a día en defensa da sanidade. Entre os proxectos máis inmediatos está a elaboración dunha iniciativa para presentar nos Concellos que conforman O Salnés así como recollida de firmas para a defensa no Parlamento de Galicia da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de SOS Sanidade para unha Atención Primaria de calidade,