O trofeo do Desafío Arousa de dornas a remo regresa a Cambados

Este ano o equipo vencedor estivo formado pola unión das asociacións A Torre y Dorneiros Rejateiros
O alcalde de Cambados recibe o trofeo do primeiro clasificado de Desafío Arousa. DS
photo_camera O alcalde de Cambados recibe o trofeo do primeiro clasificado no Desafío Arousa. DS

A Asociación de Amigos da Dorna Meca organizou no Grove, como cada ano, o Desafío Arousa de dornas a remo. Trátase dunha proba na que cada localidade (O Grove, Cambados e Illa de Arousa) forman equipos de tres dornas e dous tripulantes en cada embarcación, que deberán facer relevos entre a ponte da Toxa e O Grove para chegar a meta o antes posible.

Este ano o equipo vencedor foi de Cambados, onde as asocacións A Torre e Dorneiros Rejateiros uníronse para deixar a vila no mais alto e lograr o trofeo de bronce.
Nas anteriores edicións de 2016 e 2018 a Asociación A Torre xa había conseguido esta primeira posición.

O trofeo, no que se pode ver unha dorna de bronce, é itinerante. Cada ano o vencedor añade unha placa co nome da asociación á que pertence. Como en edicións anteriores o Concello gañador recibe o galardón para co expoña polo menos durante un ano, ata que se volva a disputar esta competicion en augas mecas.