O PP do Salnés critica a xestión de Giráldez na Mancomunidade e acúsaa de atacar á Xunta

Os populares lembraron que a Xunta "inviste contías millonarias en competencias municipais de saneamento en Vilagarcía ou Cambados"
El alcalde de de Ribadumia, David Castro, es el candidato del PP a la Mancomunidade. DS
photo_camera El alcalde de de Ribadumia, David Castro, es el candidato del PP a la Mancomunidade. DS

O PP da comarca do Salnés afeou onte que a presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez, "siga coa súa pataleta e os seus discursos erráticos" tras a presentación da moción de censura encabezada por David Castro. Neste sentido, valoraron os populares, as " xustificacións e excusas, para tratar de defenderse, atacando á Xunta de Galicia confirman a súa incapacidade de xestión e a súa ineficiencia nas negociacións, que ademais vén de ser refrendada publicamente polos seus socios do BNG".

Despois de que a presidenta aludira a unha falta de colaboración do Goberno galego, os populares lembraron que" a Xunta inviste contías millonarias en competencias municipais de saneamento e depuración en concellos socialistas como Vilagarcía ou Cambados,“o que desmonta a súa teoría da conspiración, xa que o Goberno galego sempre colabora cando se presentan bos proxectos e hai negociación, pero é algo, como quedou demostrado nestes catro anos e medio, que non sabe facer Marta Giráldez e por iso a maioría da Mancomunidade quere relevala do seu cargo", defendéronse.

"Cremos que a presidenta debe ser reprobada porque minte constantemente cando di que a Xunta ten que pagar o 100% do abastecemento, que é algo que non fai en ningún sitio. A responsabilidade da auga é da Mancomunidade e dos concellos e o que hai que facer é buscar a colaboración máxima da Xunta, ata onde chegue, e ela non foi quen de conseguilo, ten que admitilo", manifestaron desde o PP comarcal.

Os populares insistiron en que "a inestabilidade na Mancomunidade era latente e vén de ser confirmada polas manifestacións públicas do BNG, polo que a bomba de reloxería á que se refire é a que temos coa súa presidencia e vai ser desactivada por un goberno forte, unido e cunhas formas moi distintas ás dela, como se pode ver na mesura do candidato á presidencia, David Castro", aseguraron.