Evento

Festa do Mexillón e do Berberecho e Día do Carme en Vilanova

10/08/2023 a 13/08/2023
Vilanova de Arousa
Pasada edición da Festa do Mexillón e do Berberecho en Vilanova. ANXO LORENZO
photo_camera Pasada edición da Festa do Mexillón e do Berberecho en Vilanova. ANXO LORENZO

A Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa chega a súa XXIX edición, que se celebrará desde o xoves 10 de agosto ata o domingo 13 nunha carpa situada ao lado do Xardín Umbrío. Ademais, o sábado 12 a parroquia celebra o día do Carme.

Os asistentes poderán degustar os platos máis exquisitos da gastronomía da Ría de Arousa a partir das 13.00 horas do xoves, especialmente mexillóns e berberechos. Estes platos típicos do Concelo de Vilanova poden consumirse de diversas formas como ao vapor, en empanada ou en salsa.

No apartado lúdico, destaca a actuación dunha das orquestas referencias de Galicia, a Orquesta Panorama, que será o venres 11 ás 23.00 horas no Parque do Cabo.

O sábado 12, día do Carme en Vilanova, o Grupo de Vacas e a Disco Móvil Djiizane amenizarán a verbena programada na Praza do Castro para despois da procesión marítima-terrestre.

Para pechar a Festa, o Concello programa para o domingo un concerto do grupo Take it Easy ás 13.30 horas e outro de Roi Casal ás 21.30 horas. Ambos os dous serán no Xardín Umbrío.