A Xunta establece a toma de posesión dos predios de Tremoedo a mediados de decembro

Dende o día 14, os veciños interesados no proceso disporán de dous meses de prazo para presentar as súas reclamacións
Gonzalo Durán visita Tremoedo para resolver la concentración parcelaria de Tremoedo. DP
photo_camera Gonzalo Durán visita Tremoedo para resolver la concentración parcelaria de Tremoedo. DP

Os propietarios da zona de concentración parcelaria de Tremoedo (Vilanova de Arousa), poderán tomar posesión dos predios de substitución resultantes do acordo de reestruturación o vindeiro día 14 de decembro de 2023. 

Así se establece nunha recente resolución da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre este asunto. Dende esa data, os veciños interesados no proceso disporán de dous meses de prazo para presentar a correspondente reclamación de falta de superficie e para dispoñer dos medios de defensa legalmente establecidos como persoas titulares, fronte a terceiros. 

En todo caso, a devandita data de toma de posesión será obxecto de notificación individual a todos os propietarios da zona, que abarca unha superficie de 419 hectáreas, distribuídas en 5.704 parcelas, cunha superficie media de 735 metros cadrados. O número de propietarios é de 1.316.

As leiras de reemprazo resultantes son 2.030, cunha superficie media por leira de 2.064 metros cadrados. Antes do proceso, a media de parcelas por propietario era de 4,3 e reducíronse a 1,5 como consecuencia da reordenación da propiedade. Esta reorganización, xunto coa que se está desenvolvendo en Baión -actualmente en fase de Bases Definitivas, e cunha superficie de 698 hectáreas- supón un total de 1.117 hectáreas en proceso no termo municipal de Vilanova de Arousa.